Jorge é novo xogador branquinegro. Un dianteiro. É natural de Xinzo de Limia (data de nacemento: 4 de febreiro de 2006). Chega con 18 anos, tras pasar polas categorías inferiores do Ourense C. F., do Deportivo e do Alzira, entre outros (aquí a súa ficha en lapreferente).
Jorge é un xuvenil moi viaxado que volve ás orixes. Un dos nosos. Marchou de Xinzo sendo un neno. Xa con 15 anos, no Deportivo cadete, anotou 19 goles na tempada 21/22. Pasou aos xuvenís do Alzira (Valencia) onde nas dúas últimas campañas xogou 61 partidos e marcou 13 goles.
