Novas e comunicacións do club coas socias e socios.
HOMENAXE AO EQUIPO DO 78

O domingo 31 de maio, antes do partido co Betanzos na Moreira, o club e a afección renderon homenaxe ao equipo que na tempada 1977-78 loitou polo ascenso á daquela primeira división galega -o equivalente á Terceira REF de hoxe-. O Antela superou ao Endesa As Pontes e cederon na eliminatoria final diante do Choco. O conxunto dirixido por Eloy Pousa, con Julio, de masaxista, estaba formado por Joel Castro, Diz, Goyanes, Carrasco, Toño Nóvoa, Stinger, Martínez, Ben Barek, Desiderio, Poldo, Elías, Julio Guntimil, Losada, Fariñas, Moreiras, Manzano, Lisardo, Manolo Vences, Vidal, Cabrera e Tombo.
Un equipo para o recordo que este domingo volveu sentir o cariño do público de A Moreira.
***

***
As pantallas volven á Moreira

Despois das inundacións en pleno Entroido, que obrigaron a suspender adestramentos e o partido co Sporting Celanova, as pantallas regresaron á Moreira o domingo de Piñata. Xogadores da canteira cambiaron o traxe corto polo tradicional da pantalla e animaron o encontro desa tarde no que o primeiro equipo venceu ao Tyde.

***

***
Xan Peín, delegado do Antela, recibe un agasallo xunto aos delegados de club
***
O apoio social dos seareiros tradúcese en 450 abonados até setembro
Abonos retirados a 22 de setembro para a tempada 2025/26.

***
Luis Menor, presidente da Deputación, visita as obras na Moreira e felicita ao Antela F.C.
***
A primeira Lethes Cup Xuvenil foi un éxito de público e organización
***
Torneo de Fútbol Sala disputado a finais de xullo.
***
A favor dos enfermos de ELA. O 9 de agosto celebrouse un torneo en favor das persoas que padecen ELA, con Ramón Tombo, ex xogador do Antela dos 80 e 90, representando a todas elas na Moreira. [Pica no cartel para ver a galería de imaxes]
***
Caderno de viaxe-12. Fin de traxecto. Vitoria en Sarria

***
Caderno de viaxe-11. Ascenso baixo a chuvia en Antas de Ulla


***
O ANTELA ALCANZA EN MARZO A CIFRA DE 500 SOCIOS
***
XOSÉ LOIS CARREIRA E O ANTELA
Caderno de viaxe-10. Á cuarta, o Antela cae en Verín… e lesión de Izan.


***
Caderno de viaxe-9. Fin a 314 días invictos; e Anxo e Lucas, co primeiro equipo, toman o Monte da Aira vinteún anos despois.

***
Caderno de viaxe-8. Comeza a fase de ascenso: siesta no bus, goles e bocatas.

***
Partido a beneficio do Banco de Alimentos para pechar o 2024
***

***
OS XUVENÍS, CAMPIÓNS DE COPA, NOMINADOS NA GALA DO DEPORTE DE XINZO 2024

O xurado da Gala do Deporte 2024 de Xinzo de Limia deberá decidir entre tres equipos: o Infantil de Fútbol das Escolas Deportivas de Xinzo, o Premini Feminino do A.B. Xinzo e o Xuvenil do Antela F.C. -campión de Copa e ascendido de categoría a pasada tempada, invicto na actual- como MELLOR EQUIPO DE BASE nos galardóns que se coñecerán o próximo luns, día 23, na Gala que terá lugar na Casa da Cultura.
Alí estaremos cos nosos, e sorte ao resto de candidatas e candidatos!
Parabéns a todo o deporte limiano desde este club centenario.
***
Caderno de viaxe-7. Empate tranquilo en Verín e todos xa dispoñíbeis

***
ABERTO O BAR NO FERNÁNDEZ CARRERA PARA OS PARTIDOS DO FILIAL E DO XUVENIL
***
Caderno de viaxe-6. Empate nos Carrís e 11 xornadas sen perder

***
MAGOSTO NA MOREIRA ANTES DA VISITA DO MACEDA
***
Caderno de viaxe-5. O Xuvenil triunfa en Oira
***
Segunda visita a Oira en outubro e segundo empate do Antela Xuvenil
O Antela xuvenil completou a primeira volta de competición invicto, con 15 puntos e na segunda posición da clasificación, en praza que dá dereito a disputar a fase polo ascenso. O Bar Bando’s e os patrocinadores do club continúan a apoiar as viaxes e a alimentación dos rapaces os días de partido. Na segunda volta, o Antela viaxará a Velle, Barbadás e Verín.

***
MEDRA o Antela, MEDRAN os apoios: Padel i Ocio pon as súas instalacións a disposición do club.
O Antela chegou a un acordo de colaboración con Padel i Ocio polo que os equipos do club poderán utilizar as instalacións do ximnasio e pistas cando as condicións climatolóxicas dificulten os adestramentos nos campos da Moreira.
A iniciativa xurdiu despois dunha sesión preparatoria dos xuvenís a pasada semana que buscaron refuxo no Padel i Ocio diante da chuvia e o vento daquela noite de borrasca.

***
O Eroski City do Multicentro e Limia Xestión, cos xuvenís


A familia de Limia Xestión comprometeuse esta tempada co cadro xuvenil e agasallou aos rapaces, corpo técnico e directivos vinculados co equipo cuns polos de rúa que pasan a formar parte da equipación oficial.
Os xuvenís recibiron tamén un reforzo nutritivo por parte da empresa que xestiona o Eroski City situado no Multicentro (no barrio do Polígono) e o supermercado Aliprox en Calvos de Randín. O club segue próximo ao comercio local para cubrir as necesidades do equipo e incorpora así outro establecemento á súa lista de proveedores.
Grazas e benvidos a este Antela que MEDRA!
***
Gran vitoria en Lalín no grandísimo Manuel Anxo Cortizo
Os xuvenís continúan a sumar apoios de cara ás viaxes desta esixente tempada. O Eroski do Multicentro tamén apoia o equipo, e o sábado 28 houbo reunión no Bar Bando’s antes de saír cara a Lalín, e una merenda no propio estadio lalinense antes do regreso. E, de volta, con tres puntos moi traballados e moi importantes nun campo enorme, o Manuel Anxo Cortizo.

* * *
A venda de ABONOS para a tempada 24/25 avanza a bo ritmo
* * *
ALMORZO antes de cada viaxe dos xuvenís no Bando’s
O Antela F. C. chegou a un acordo co Bar Bando’s para que o equipo xuvenil se reúna no local, próximo á Estación de autobuses, antes de emprender cada viaxe para disputar partidos fóra de Xinzo. O Bando’s ofrece un almorzo especial para xogadores e corpo técnico para coller forzas para o desprazamento.
Este sábado 14 de setembro, antes de saír para Chantada, o Antela Xuvenil almorzou no Bando’s.

* * *
Como facerse socia ou socio en TRES PASOS
* * *
1 DE XUÑO DE 2024. CONTINUIDADE DA ACTUAL XUNTA DIRECTIVA DO CLUB
Como non se presentou candidatura alternativa ningunha, a actual directiva renovou á fronte do club para os próximos catro anos. Pablo Losada continuará como presidente. O club fixo pública a decisión asemblearia o 1 de xuño de 2024. E aproveitou para agradecer “as mostras de cariño” recibidas tralo infortunado descenso. E apuntou: “O fútbol débenos unha!“.

* * *


