O filial e o xuvenil, xa a pleno rendemento

Os equipos de canteira van avanzando na preparación e na configuración do cadro definitivo de xogadores. Os xuvenís de Forri disputaron o seu primeiro amigábel no campo do Santa Teresita o venres pasado. Gañaron 0-3. E este mércores recibiron no sintético da Moreira ao Ourense C.F. Tamén gañaron: 4-0. Forri xa contou para ese partido con 22 xogadores, encabezados polo Izan, o gran referente de cara a nova tempada. A Federación Galega aínda non publicou o calendario de Liga, na que o Antela deberá xogar seis partidos en Lugo, tres en Pontevedra, un na Coruña (Vedra), ademais das visitas ao Ourense C.F., La Purísima, Barbadás, Velle e Verín.

Os xuvenís de Forri, o mércores 21 de agosto antes de xogar co Ourense C. F. B

O filial, o Antela B, que competirá na segunda categoría provincial, comezou a pretempada cun partido na Moreira diante do Muíños (0-1), ascendido a tempada pasada a Primeira Futgal. Despois anotou un empate contra o Toén (1-1), co que competirá na Liga este ano. Na seguinte cita, onte, Marcos Ruído xa puido dispor de 22 xogadores. Venceron ao Raio Alaricano (4-2), que tamén segue na segunda provincial. Aínda está por ver como quedará conformado o cadro de futbolistas unha vez que Bruno Gómez decida que homes do primeiro equipo terán ficha co filial e poderán ser utilizados en calquera das dúas categorías.

O Antela B terá como rivais na Liga aos seguintes equipos: A Rúa, Raio Alaricano, Atlético Vilariño, Paderne, Cortegada, Arenteiro B, Rocas, Taboadela, Cented B, Caldelao, Cenlle, Lobios, Francelos, La Purísima, Toén, Coles-UDO B e San Teresita. Coa unificación nun so grupo e a presencia dos filiais do Arenteiro, o Cented e a UDO, a Segunda preséntase como unha competición moi esixente.

O seguinte amigábel do B será o próximo martes, día 27, en Esgos diante do Rocas.

Os xuvenís disputarán o terceiro o día 29, xoves. O rival será o Maceda.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario