O xuvenil comeza forte en Chantada (0-3)

O Antela xuvenil de Juan Forri comezou a Liga gañando en Chantada (0-3), con tantos de Codes, Penabad e Anxo. A viaxe deste sábado comezou moi cedo, cun almorzo no Bar Bando’s, novo colaborador do club. Ao mediodía, no campo de Sanguñedo, Forri dispuxo un once con Iago na portería e Penabad como capitán, con Amine, Izan e Code no eixo do equipo. Adiantouse pronto o Antela, cun tanto de Codes no minuto 4. Despois anotaron Penabad e Anxo, e con media hora de xogo os visitantes xa tiñan o partido no peto.

A próxima xornada, o Antela xuvenil recibirá en Xinzo, ao Velle.

O once do Antela esta mañá en Chantada.
RAÚL VIAXA CO ANTELA A LOÑOÁ

Esta mañá coñeceuse a convocatoria de Bruno Gómez para o partido de mañá en Loñoá (17,30 horas) correspondente á segunda xornada de Liga no Gurpo IV da Primeira Futgal. Estréanse Bruno Pío, o porteiro fichado esta tempada, e o central e capitán Breixo. Tamén viaxará Raúl, centrocampista sub’23 con ficha no B. Causan baixa por lesión Hugo Pérez e Aarón.

A lista é a seguinte: Bruno Pío e Andrés (porteiros); Breixo, Tiago, Boán, Lois, Peque e Cole (defensas); Caneiro, Xabi Lamas, Raúl, Antón e Óliver (medios); Joni, Raúl Dinís, Pedro, Cacharrón e Jorge (dianteiros). Non se esperan máis novidades no once que a incorporación de Bruno e Breixo. A defensa sufrirá modificacións en función de se xoga Tiago de inicio e o fai como central ou lateral. Só dous nomes parecen ter posto fixo: Breixo e Lois. O resto do equipo non variará moito do que debutou contra o Maside.

O Loñoá, adestrado por Guille, vén de empatar en Allariz no arranque da competición. É un equipo que concede poucas ocasións, compacto e cunha defensa eficaz a balón parado, con futbolistas que se coñecen ben entre eles porque levan anos xogando xuntos, apuntan desde a dirección deportiva do Antela.

O B, NA MOREIRA, DE MAÑÁ

O equipo de Marcos Ruido volve xogar na Moreira (hoxe, 12,00) despois do amigábel co Monterrei no Trofeo Antela o 1 de setembro. A derrota diante do Francelos (3-1) vén seguida dun compromiso fronte a outro dos aspirantes ao ascenso: o Atlético Vilariño. Os de Pereiro xogaron por última vez na Moreira en maio de 2022, na fase de ascenso a Preferente, contra o primeiro equipo do Antela. Descenderon a Segunda na tempada 2023-24, e na pasada Liga disputaron co Viana e co Córgomo as dúas prazas de ascenso. Quedaron terceiros e na promoción cederon diante do Muíños.

Álex Teixeira é novidade na convocatoria. O dianteiro adestrou esta semana co B para comezar a súa posta a punto.

__________ os nosos patrocinadores __________

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario