NOVIDADES CONTRA O NOGUEIRA
Bruno Gómez convocou a Anxo Pena por primeira vez esta tempada. Tamén son novidades o meta xuvenil Iago Salgado (Andrés está sancionado), e dous xogadores do filial que fixeron a pretempada co primeiro equipo: Raúl e Pitu.
A lista de 18 complétana: Bruno, Tiago, Breixo, Boán, Lois, Caneiro, Xabi Lamas, Óliver, Pedro, Joni, Raúl Dinís, Cacharrón, Cole e Antón.
Aarón e Hugo Pérez son baixa por lesión, e tamén se caen da lista Peque e Jorge. O dianteiro, titular en Loñoá, aparece na convocatoria de Forri para o partido dos xuvenís deste sábado.
ANTELA – NOGUEIRA, domingo 12,00 horas na Moreira. Primeira Futgal (3ª xornada)