O Antela xuvenil mallou no Velle (7-2) na segunda xornada de Liga e cobrouse a primeira vinganza (deportiva) co club ourensán após daquela penúltima xornada na Preferente, o pasado maio, que condenou ao Antela ao descenso.
Catro dos goles anotounos Jorge, dianteiro limiano, que volveu a casa despois dun periplo no Deportivo e no Alcira. Jorge debutou como titular co primeiro equipo en Loñoá a semana pasada e fixo o traballo de desgaste da defensa local que os homes de refresco aproveitaron ben superada a hora de partido.
Mais un dianteiro vive do gol. E aínda que Jorge é xogador do primeiro equipo, mantén ficha co xuvenil e Bruno Gómez decidiu que esta semana se probase na categoría. Foi un agasallo, e Jorge respondeu ademais como se espera del: catro goles para empezar. O primeiro ‘póker’ dun futbolista branquinegro na tempada. Vai ser difícil de superar, mesmo de igualar… un reto máis para o propio Jorge.
Dameá e Lucas anotaron un tanto cada un e o Velle fixo outro en propia porta. A segunda vitoria (e goleada) en dous partidos mantén aos de Forri na cabeza.
__________ os nosos patrocinadores __________
Noraboa jorge , a seguir millorando 💪💪💪💪💪💪
Jorginho crack
Xogadorazo
Ole parabens Jorge. Outra victoria e por goleada o Velle. Xa sabedes señores de Velle, arrieros somos y en el camino nos encontraremos. A. Primeira na frente xa a levastes. Ahora chamai os que vos deron agua bendita o ano pasado para correr como corristes contra nos cando estabades descendidos e nos fodistes a permanencia.