O número de abonad@s xa supera os 400

O Antela superou os 400 abonad@s antes de se cumprir o primeiro mes de competición en todas as categorías. O obxectivo do club é alcanzar os 500 socios antes de final de ano e poder chegar ás cifras de apoio que tivo na última tempada en Primeira, a 2021-22, cando se logrou o campionato e o ascenso.

O Antela F. C. agradece as achegas de socias e socios a este novo proxecto, e anima á veciñanza da Limia a sumarse a este apoio popular.

Pódeste facer socia ou socio en só tres pasos. Mira aquí.

Lembramos que os carnés pódense recoller os días de partido na taquilla do Estadio da Moreira. Os próximos partidos son o do filial (este sábado 28, ás 17,00 horas contra o Caldelao) e o do primeiro equipo, o próximo domingo, 6 de outubro en horario por determinar ante o Velle.

Faite socia e socio!

os nosos patrocinadores

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario