Sábado luminoso da canteira

Cos seus protagonistas:

🥇Adrián 𝗖𝗮𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗮 anotou dous goles na vitoria do Antela B (3-1) na Moreira. O primeiro deles, o primeiro do Antela no partido, é o gol número 150 na breve historia do filial. O terceiro dos tantos, o segundo local, fíxoo David Lamas.

🥇Tamén anotou dous goles, 𝗛𝘂𝗴𝗼 𝗣𝗲𝗻𝗮𝗯𝗮𝗱, os dous últimos na remontada do Antela xuvenil en Lalín (2-3). Ademais, xogou un partido serio en defensa. Merece o destaque.

🥈Neste partido, cos cambios esgotados, Forri tivo que recorrer a 𝗗𝗶𝗲𝗴𝗼 𝗟𝘂𝗹𝗼, hoxe porteiro suplente, para xogar en substitución de Izan (que se retirou por sobrecarga) o último cuarto de hora. Lulo deixou as luvas e a zamarra amarela de porteiro, e vestíu a número 21. E o gardameta estivo a altura do resto cubrindo a banda esquerda.

🥈𝗠𝗮𝗿𝗰𝗼𝘀 𝗥𝘂𝗶𝗱𝗼 asina desde o banquiño o mellor arranque do B. Outro fito no curto traxecto do filial. A falta dos partidos do domingo, o Antela B rematará a xornada entre os cinco primeiros. Hoxe, na Moreira, o B foi mellorando cos minutos e na segunda metade, amarrado ás botas de Pitu, Carreira e Pablo Nogueiras, pasou por riba do Caldelao. E xa se prepara para o choque de filiais diante do Cented a semana próxima.

🥉Os xuvenís foron inferiores na primeira metade no Manuel Anxo Cortizo, un campo enorme e diante dun rival moi ben armado. Mais na segunda metade, con 𝗔𝗺𝗶𝗻𝗲 no dobre pivote, máis balón e fútbol por bandas, todo o equipo mellorou e tivo ocasións dabondo con disparos de Dameá, Lucas, Carba e un poderosisimo remate do propio Amine ao traveseiro. Pero os goles chegaron nun tiro raso e moi ben colocado de Anxo (1-1) e nos dous remates de coraxe de Penabad na área pequena tras balón parado. A vitoria é un botín precioso para os limianos de cara a pelexa polas catro primeiras prazas. Polo momento, recibirán ao Barbadás sendo líderes.

🥉O B vai pouco a pouco, en só tres anos, asentando a súa función de canteira: no once de hoxe había 𝘀𝗲𝗶𝘀 𝘅𝗼𝗴𝗮𝗱𝗼𝗿𝗲𝘀 𝘀𝘂𝗯’𝟮𝟯 𝗾𝘂𝗲 𝘅𝗮 𝗱𝗲𝗯𝘂𝘁𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗰𝗼 𝗽𝗿𝗶𝗺𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗲𝗾𝘂𝗶𝗽𝗼, e están no chanzo para volver xogar en Primeira cando toque.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario