O Antela xuvenil de Juan Forri, líder, mídese ao Verín, terceiro clasificado, no Fernández Carrera a partir das 12 deste sábado en partido correspondente á sexta xornada, penúltima da primeira volta. Izan regresa ao equipo despois de cumprir a suspensión e Diego Lulo, que a semana pasada estivo co filial, tamén foi convocado.
Os lesionados seguen sendo Codes, Hugo Mellado, Cerredelo e Cerdeiro. A rotación reduciuse moito, mais o adestrador tamén volveu chamar ao central Aarón, substituído o sábado anterior en Oira por David, até agora dianteiro, pero que completou un bo encontro no centro da defensa, a liña máis competida esta Liga.
En partido adiantado, o Velle gañou ao Purísima (3-0) e parece que serán estes os equipos que primeiro se descolguen da loita polas primeira catro prazas que dan billete para a fase de ascenso. Entre os perseguidores do Antela, o Barbadás xoga en Lalín, onde os limianos e os verinense xa gañaron (sufrindo moito), mentres que o Chantada recibe ao Ourense B.
O Verín só perdeu un partido (0-3, contra o Barbadás) e no último amigábel da pretempada hai mes e medio mostrou as súas virtudes na Moreira. Claro que o Antela gañou os dous partidos de preparación, segue invicto na Liga e forte na casa.
Convocatoria: Richi, Aarón, Lucas Carnero, Hugo Penabad, Carba, Anxo, Amine, Izan, Lucas Martínez, Diego Lulo, David, Dameá, Fabián, Pablo Novoa, Lois e Iago.
os nosos patrocinadores








