A quinta estación da viaxe do Xuvenil arrancou coma sempre no Bando’s, coa presenza de Sonia, a propietaria, que desde hai tres meses acolle aos rapaces e ao corpo técnico cada día de partido fóra da casa. O Bando’s é o punto de saída de cada viaxe.
Izan foi o protagonista da xornada, cun hat trick que o sitúan como máximo goleador da Liga (8 tantos). Os de Forri gañaron en Velle (1-3) e deron un paso máis cara a clasificación para a fase de ascenso.
Antes, quedan aínda máis encontros e outras viaxes, as dúas últimas deste ano, a Barbadás e a Verín.
Os xuvenís reciben ao Lalín este sábado ás 12,00 no Fernández Carrera. Diego Lulo e Anxo Calleja sumáronse a lista de baixas. O club confía en ir recuperando lesionados: Hugo Mellado e Codes poderían ser os primeiros en volver.

O “Caderno de viaxe” dos xuvenís, na nosa Área Social: ver.


