No B, un soño: o ascenso

David Lamas, que a semana pasada entrou na convocatoria no último momento trala baixa de Andrés, é un dos tres xogadores do filial que disputou os dez partidos de Liga, xunto a Borja Rubén e Óscar Vences. Borja Rubén leva 847 minutos por 735 do David. Ademais, Rubén empezou 9 partidos como titular, os mesmos que David Rodríguez (Pío) e Javi Pérez. Con 8 titularidades están Lamas, Vences, Carrasco, Belucho e o porteiro Miguel.

No seguinte chanzo están Felipe (6 veces titular), Adrián Carreira, Pitu e Raúl (5); e despois, Álex Teixeira e Germain (4).

Son a base do Antela B que despois da última goleada na Moreira (4-1, ao Cenlle) volve estar en praza de promoción (4º) e nesta situación o seu rival na fase de ascenso sería o Caselas F.C., un histórico, terceiro agora mesmo no grupo vigués da Segunda Futgal.

O ánimo na tropa do filial está alto. O ascenso, por ahora, aparece como un soño, ademais condicionado, tal e como explica Pitu.

Pitu, na Moreira, o sábado pasado.

O equipo de Marcos Ruido ten por diante dous partidos en teoría “cómodos”: a visita a Taboadela este domingo e o choque contra o Rocas en Xinzo o seguinte, antes de comezar decembro medíndose ao Coles, filial da UDO e un dos claros candidatos ao título de Liga.

Javi Pérez admite que A Moreira é un campo que favorece ao filial (gañou ao Vilariño na estrea, ademais do último partido co Coles), mais non se atreve a pensar no ascenso. “Partido a partido”, esquiva.

Javi Pérez anotou un gol diante do Coles.

O adestrador coincide con Javi Pérez. “Aínda que sexa un tópico, hai que ir partido a partido. Pero temos bo equipo, e calidade para estar arriba, chegaremos até onde os xogadores queiran”, di Ruido, e lembra que a recuperación dos lesionados reforzou o grupo e admite que na Moreira todo é máis doado. “A Moreira danos un plus, si”, resume.

Ruido tamén valora o compromiso dos xogadores que adestran habitualmente co A -polo momento, Felipe, Pitu, Raúl e Álex Teixeira- e subliña a cohesión do vestiario, un factor que trata de que xogue a favor da mellora continúa. Até o momento, di, o equipo vai mellorando cada semana.

Marcos Ruido afirma: “Temos nivel para estar arriba”.


Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario