O sábado pola noite, no Café Bar Bando’s, as nais e pais dos xogadores de equipo xuvenil do Antela F. C. xuntáronse para celebrar o magosto. A data estaba acordada desde hai semanas, mais permitiu unha dobre celebración: a do magosto e a da clasificación dos rapaces para a seguinte fase.
Pepe Calleja e José Antonio Carbajales, directivos encargados do equipo xuvenil esta tempada, organizaron o convívio, polo que se pasaron tamén algúns dos xogadores, quen pola mañá gañaron ao Lalín (1-0) e volvéronse colocar líderes da Liga mentres Izan sumou outro gol (leva 9) e o equipo alcanza a cifra de 30 (tres por partido).
Parabéns desde aquí a nais e pais que constitúen o apoio fundamental para que o traballo desde o club cubra etapas na formación destes mozos deportistas.




