Benvido, Dani Pérez!

Unha das mellores noticias da tempada para o club, os afeccionados e, especialmente, os xogadores da canteira, confirmouse onte. Dani Pérez está de volta.

Dani Pérez, un dos campións de Copa xuvenil que subiu de categoría xunto a Andrés, Raúl, Pitu, Felipe e Álex Teixeira, volve a se adestrar co filial do Antela. O defensa participou onte da sesión na Moreira ás ordes de Marcos Ruido, o mesmo día que o lesionado Cristian regresaba tamén aos adestramentos completando o cadro enteiro a disposición do técnico antes de enfrontar co Coles.

Dani Pérez fai parte da xeración do 2005, que alcanzou o ascenso e o título copeiro a tempada pasada e da que xa debutaron no primeiro equipo os cinco futbolistas que o acompañaron no paso á idade sénior. Despois de afrontar unha doenza seria no outono do 2023, regresou cos xuvenís na segunda volta da Liga para amarrar o ascenso e proclamarse campión de Copa na final contra o Barbadás, partido no que foi titular.

Agora volve a iniciar os adestramentos, moi mellorado e en boa forma segundo confirmou o seu novo técnico, e coa intención de facer parte do equipo á volta de ano e loitar por outro fito na historia do club.

Os seis, con Juan Forri.
Celebración da Copa.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario