Non perden desde abril

O xuvenil do Antela mídese este sábado co Purísima (desde ás 16,00 horas no Fernández Carrera). Nos locais son baixa Diego Lulo, Amine (expulsado en Barbadás a semana pasada), Lucas Martinez e Carnero, e os futbolistas en recuperación: Cerredelo e Anxo. A principal novidade é o regreso de Hugo Cerdeiro (na súa primeira convocatoria da tempada tras a lesión) e de Izan, que descansou a última xornada.

O xuvenil leva 18 partidos sen perder. Xustamente ante o Barbadás completou unha racha de oito meses (5 en total na Liga entre a tempada pasada e a actual) que iniciou despois da última derrota no campo dos Carrís (2-1 a principios de abril). Tras aquela derrota, na última xornada da primeira volta da fase de ascenso, os de Forri encadearon 6 triunfos consecutivos e un empate no peche (tamén diante do Barbadás).

Na presente tempada, os limianos aínda non perderon. Arrancaron cunha serie de catro vitorias, cederon o primeiro empate na visita ao Purísima en Oia, e xa suman 7 vitorias e 4 empates, e mantéñense líderes.

A racha do Antela xuvenil en Liga

Tempada 23/24

xornada 8ª: VELLE – ANTELA 0-3
xornada 9ª: ANTELA – U.D. OURENSE B 5-0
xornada 10ª: OURENSE C.F. “B” – ANTELA 0-2
xornada 11ª: ANTELA – LA PURISIMA 4-2
xornada 12ª: SANTA TERESITA – ANTELA 0-3
xornada 13ª: CHANTADA – ANTELA 2-3
xornada 14ª: ANTELA – BARBADÁS 2-2

Tempada 24/25

xornada 1ª: CHANTADA – ANTELA 0-3
xornada 2ª: ANTELA – VELE 7-2
xornada 3ª: LALÍN – ANTELA 2-3
xornada 4ª: ANTELA – BARBADÁS 2-1
xornada 5ª: LA PURISIMA – ANTELA 2-2
xornada 6ª: ANTELA – VERÍN 2-2
xornada 7ª: OURENSE C.F. “B” – ANTELA 3-3
xornada 8ª: ANTELA – CHANTADA 4-1
xornada 9ª: VELLE – ANTELA 1-3
xornada 10ª: ANTELA – LALÍN 1-0
xornada 11ª: BARBADÁS – ANTELA 3-3

O rival

Con so tres partidos por diante, o rival deste sábado, o Purísima, segue na pelexa por se clasificar para a fase de ascenso. Está igualado a 14 puntos co Verín, cuarto e en praza de promoción, mentres o Ourense B e o Lalín veñen por detrás a tres puntos. O Ourense B e o Verín xogan entre eles nesta xornada.

No outro subgrupo dos que sairán os rivais do Antela na próxima fase xa teñen praza o Escolas da Estrada e o Residencia de Lugo. O Sarriana (3º) pode clasificarse este sábado na casa se vence ao Antas de Ulla (4º).

ANTELA – PURÍSIMA, sábado 16,00 horas no Fernández Carrera.


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario