Raúl e Felipe debutaron o domingo como titulares no primeiro equipo. Raúl xa se estrara con Bruno Gómez esta Liga, e Felipe debutara na Copa a pasada campaña da man de Sabucedo contra o Arnoia. Estas son as súas impresións nesta altura da tempada.
O test
Raúl
Felipe
Define a Felipe | Raúl como xogador.
Raúl: Felipe é un gran xogador, con moi bo golpeo de balón e unha gran velocidade, que é o que máis destaca nel.
Felipe: Raúl é un futbolista que traballa moito individualmente e dáo todo cada vez que pon as botas.
Define a Felipe | Raúl como compañeiro.
R: Levo compartindo vestiario con Felipe dende o 2013 e sempre se integrou moi ben dentro do equipo, facendo boa piña con todos.
F: Penso que Raúl é futbolista que traballa moito individualmente e dáo todo cada vez que pon as botas.
En que posición te sentes máis cómodo no campo?
R: O ano pasado comecei a xogar de carrileiro pola dereita no xuvenil de Juan Forri e dende esas collinlle gusto a esa posición.
F: A posición onde creo que axudo mais o equipo e de carrileiro esquerdo, e inda que defender non sexa o meu forte creo que atacando podo axudar.
Como é adestrar co A?
R: Adestrar co A é sinónimo de estar facendo as cousas ben.
F: É unha pasada, pola cantidade de xente que adestramos todos os días até o bo roio que temos
Que cambia respecto do B ou do xuvenil?
R: En comparación, o máis notable é o ritmo de adestramento, sen lugar a dúbida.
F: Sobre todo o ritmo. O A ten un ritmo moi alto e estase reflectindo nos resultados e no liderado.
En que xogador do A te fixas máis e por que?
R: Quizás en Peque Tiago ou Cole, xa que son os meus principais rivais a hora de loitar polo posto.
F: Xente como Jorginho, Óliver, Caneiro ou Boán son xogadores que dende dentro ou desde fóra gusta ver.
Como te sentiches no teu debut como titular?
R: Pois sentinme ben, moi cómodo e con moito apoio de todos. Xogar en Xinzo tamén afectou…
F: Levaba tempo esperando este momento. Empecei bastante nervioso. Os compañeiros e adestradores axudáronme e dende aí todo foi ben.
Cales son as túas expectativas no A esta tempada?
R: Seguir tendo minutos, e seguir mellorando individualmente e colectivamente.
F: Hai xente ‘top’ na miña posición. Toca traballar duro e nos minutos que me confíen dalo todo e axudar ao equipo.
Onde ves a clave para amarrar o ascenso canto antes?
R: Eu penso que debemos de gañarlle esta finde ao Muíños para seguir sumando puntos e se temos algún contratempo que non sexa notable.
F: Pechar antes os partidos. Sufrimos cando nos meten un gol. Pero é o Antela e a remontada sempre asoma por un lado ou outro.
Veste xogando en Preferente no 2025?
R: É demasiado pronto para contestar a isto, a tempada é moi longa e toca seguir traballando.
F: Hai que tirar para arriba, pero un aniño máis en Primeira non me virá mal. Se se dá o caso, a traballar máis e afrontar o cambio.
Cal é o teu xogador favorito do fútbol mundial?
R: Hugo Alvarez xogador do Celta, xa que é un xogador que tivo que gañarse o posto no primeiro equipo e nunca lle regalaron nada.
F: Cristiano Ronaldo. Ese home ten moito traballo e sacrificio detrás, iso é o máis importante nun xogador.












