Tiago, baixa por sanción ante o Seixalbo

Segundo a estatística que cada xoves publica La Región, o Antela transita pola parte baixa da clasificación de tarxetas recibidas; isto significa que é dos menos castigados: 42 en total, unha media de 3 por partido en 14 xornadas. Mais se excluímos aos adestradores, a cifra é de 36: 34 amarelas e 2 vermellas.

O domingo, diante do Seixalbo, non poderá xogar Tiago Teixeira. O central viu a quinta amarela en Muíños. Será o cuarto xogador do Antela obxecto de sanción no que vai de Liga.

Breixo, non puido disputar o primeiro partido da Liga por acumulación da pasada tempada. Andrés e Aarón, sufriron até hoxe as únicas expulsións. Ambas con cartón vermello directo: Andrés, estando no banco en Loñoá (e cumpriu co filial); mentres que Aarón, aos poucos minutos de entrar no partido en Cartelle, por xogo perigoso.

Teixeira viu amarelas nas xornadas 1, 7, 8, 12 e 14. A sanción cumpriraa na cita co Seixalbo, na que están baixo ameaza Jorginho, Caneiro e Pedro, que suman catro cartóns amarelos; a un da suspensión.

Pedro, no partido co Velle, un dos que xa teñen 4 amarelas.

Outros dez xogadores viron amarelas, mais as tarxetas están tan repartidas que ningún deles suma máis de 2. O partido onde máis tarxetas recibiu o Antela foi o disputado en Celanova, na oitava xornada.

Pola súa parte, os adestradores recibiron tres amarelas cada un. O asistente, Juan Forri, dous no mesmo partido, na Uceira contra o Sporting Carballiño, polo que foi castigado cun partido de suspensión.

E polo que respecta ao próximo rival, o Seixalbo, é o que menos tarxetas recibiu despois do Sporting Celanova. Leva 28, dúas por xornada, as mesmas que viu no empate (4-4) no campo do Viana.

A ESTATÍSTICA

xornadaamarelasvermellasADESTRADOREStotal
1Pedro, Tiago

2
2Cacharrón, ÓliverAndrés
3
3Cacharrón, Breixo

2
4Boán, Lois, Jorginho, Cole

4
5Boán, Antón

2
6Jorginho, Cole
Bruno, Forri (2)5
7Caneiro, Pedro, Tiago

3
8Caneiro, Lois, Bruno Pío, Óliver, Tiago
Bruno6
9Breixo

1
10Jorginho, PedroAarón
3
11Dinís

1
12Peque, Caneiro, Dinís, Tiago

4
13Jorginho
Bruno, Forri3
14Caneiro, Pedro, Tiago

3
Fonte: FGF

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario