Carlos Fernández, dianteiro de 20 anos natural de Xinzo, formado no Pabellón de Ourense desde os 13 anos (categoría infantil), exfutbolista do Arenteiro, o Rápido de Bouzas e o Babadás entre a tempada pasada e a actual, volve ao Antela. Xa vén participando nos adestramentos do primeiro equipo do Antela, demostrando que está rodado.
Carlos competía con Kevin Tumbeiro pola titularidade no equipo de Óscar Sabucedo nos partidos de preparación a tempada pasada en Preferente cando foi chamado polo Arenteiro. Inda que foi convocado, non chegou a debutar en Primeira REF. A media Liga foi cedido a un Rápido de Bouzas que viña en caída libre e que acabou caendo da Terceira polos arrastres. Na campaña actual comezou no Barbadás, en Terceira REF.
Hai dúas semanas xogou o seu último partido co equipo dos Carrís na visita a Noia. Estaba sendo un habitual nas convocatorias, mesmo foi aliñado por Vilachá cinco veces como titular e anotou un gol. Mais Carlos buscaba minutos e, sobre todo, volver a casa: a Xinzo.
Agora ficha polo Antela até final de tempada e, dada a súa condición de sub’23, podería compatibilizar partidos co primeiro e o filial. “Se me convocan, xa estou para xogar esta fin de semana”, manifestou estes días antes dun dos adestramentos co primeiro equipo, e advertiu que coñece ben o club e que, sobre todo, tiña ganas de regresar a Xinzo. Esta será a súa etapa na Moreira; na anterior, apenas unha pretempada, non chegou a debutar en partido oficial.
TRAXECTORIA
Tempada 24/25 – U.D. Barbadás | Terceira REF
Tempada 23/24 – Rápido de Bouzas | Tereceira REF
– C.D. Arenteiro | Primeira REF
Tempada 22/23 – Pabellón Ourense | Primeira Galicia
– Pabellón Ourense xuvenil | Liga Nacional
Tempada 21/22 – Pabellón Ourense xuvenil | División de Honor
– Pabellón Ourense B xuvenil | Liga Nacional
Tempada 20/21 – Pabellón Ourense B xuvenil | Liga Galega





















