Primeira volta durísima para o xuvenil na fase do ascenso

O Antela de Juan Forri comezará fase de ascenso a Preferente Xuvenil o sábado 11 de xaneiro cun partido no Fernández Carrera diante do Verín, e a fin de semana seguinte visitará en Ourense ao Purísima. Con estes dous equipos xa se mediu na primeira fase do campionato, e os catro partidos remataron en empate.

O calendario presenta para o Antela unha primeira volta de competición polo ascenso durísima. Na terceira xornada volverá xogar fóra. Será en Lugo, diante do Residencia, segundo clasificado no outro grupo da fase anterior e un dos candidatos ao ascenso. Tamén deberá xogar como visitante fronte aos dous líderes da competición na fase anterior: en Barbadás, o 15 de febreiro, e na Estrada, o 8 de marzo. Polo medio, recibirá en Xinzo ao Antas de Ulla e ao Sarriana.

Ascenden os catro primeiros clasificados.

xornadapartidodata
1ANTELA – Verín11/01/2025
2A Purísima – ANTELA18/01/2025
3Residencia – ANTELA01/02/2025
4ANTELA – Antas de Ulla08/02/2025
5Barbadás – ANTELA15/02/2025
6ANTELA – Sarriana22/02/2025
7Estrada – ANTELA08/03/2025
8Verín – ANTELA15/03/2025
9ANTELA – A Purísima29/03/2025
10ANTELA – Residencia05/04/2025
11Antas de Ulla – ANTELA12/04/2025
12ANTELA – Barbadás26/04/2025
13Sarriana – ANTELA03/05/2025
14ANTELA – Estrada10/05/2025
Calendario completo: aquí.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario