Os tres equipos do Antela anotaron 109 no que vai de Liga 24/25. O máximo goleador do primeiro equipo é un defensa: Breixo (que marcou catro dos 7 goles que suma de penalti; un deles, tras rexeite do porteiro). Os de Bruno Gómez levan 38 goles, unha media de 2,37 por partido, e salvo no empate co Peroxa, anotaron en todos os partidos.
A continuación de Breixo, Pedro Castro suma 6 goles (en 16 partidos) e Jorginho, 5 (en trece partidos). O caso de Jorginho é particular. Xogou un partido cos xuvenís e marcoulle 4 tantos ao Velle. Xogou un partido co filial e marcou o primeiro gol do encontro co Cortegada. Jorginho leva, polo tanto, 10 tantos coa camiseta do Antela esta tempada.

O máximo goleador e Izan, que fixo 11 goles (tres deles de penalti) en 11 encontros co xuvenil. Os xuvenís presentan a mellor media por partido: 2,5. Fixeron 35 goles en 14 xornadas. E só nun partido (o empate na casa contra o Purísima) deixaron de marcar. Despois de Izan, Anxo (lesionado desde mediada a primeira fase) suma 5 goles; mentres o capitán Hugo Penabad leva 4 (os mesmos que Jorginho).
En Segunda Futgal, os de Marcos Ruido presentan unha media notable: 2,25 tantos por encontro. E só quedaron sen marcar na derrota na casa co Raio21 (0-1). Adrián Carreira é o máximo goleador do B, con 5 goles, con Pitu e Alexandre Teixeira a continuación con 4 cada un. O menor dos Teixeira ten a mellor media anotadora do equipo (0,6 por partido). Fixo os seus goles e 6 partidos.


Até 13 homes marcaron no primeiro equipo. E máis repartidos están os do filial: con 14 xogadores anotando; mentres que no xuvenil tamén se dá unha distribución ampla: marcaron 11 futbolistas. En realidade (culpa de Jorginho) son 36 xogadores os que marcaron algún gol coa camiseta do Antela nestes catro primeiros meses (46 partidos) de competicións.
O primeiro equipo completou 8 partidos con máis de tres goles a favor; o Antela B, sete; e os xuvenís, tamén sete. No individual, Breixo (no A) e Izan (no xuvenil) firmaron goles decisivos. Jorginho, co primeiro equipo, anotou tres goles a un toque dentro da área (no Carballiño, o segundo en Vilamartín e diante do Viana) que son pura marabilla de nove. Óliver (fronte ao Viana) e Anxo Calleja (co xuvenil na visita ao Purísima) marcaron en espléndidos libres directos. E, en fin, Antón, contra o Nogueira, marcou o mellor gol que se viu na Moreira esta tempada.











