O Antela e Cacharrón separan os seus camiños

O club comunicoulle onte a baixa a Víctor Cacharrón Domínguez, dianteiro que acaba de cumprir os 22 anos e que disputou 8 partidos esta tempada co primeiro equipo anotando un gol. Cacharrón chegou o pasado verán procedente do Maceda, co que conseguira o ascenso a Primeira e a permanencia na categoría nas dúas campañas anteriores marcando un total de dezaseis goles en Liga.

O Antela agradece a Víctor Cacharrón o seu bo comportamento e o seu gran esforzo nestes catro meses na disciplina do club, así como a súa contribución á boa marcha do equipo. Desexámoslle a mellor das sortes no camiño cara aos seus obxectivos deportivos.

COMUNICADO DE PRENSA. Xinzo de Limia, 3 de xaneiro.


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario