O Antela de Bruno Gómez sumou esta tarde en Allariz a 14ª vitoria da Liga e alcanzou os 44 puntos -récord histórico do club nunha primeira volta na primeira categoría provincial-. Además anotou o gol número 40 e volveu deixar a portería a cero, algo que aconteceu en dez dos dezasete partidos disputados.
O Antela, campión de inverno, logrou o 86,2% dos puntos, despois de ceder apenas unha derrota e dous empates nesta primeira metade da competición.
Ademais, mantén a vantaxe de 11 puntos sobre o Celanova (2º) e 12 sobre o Muíños (3º) -dous equipos aos que gañou a domicilio- e amplía a diferencia co Polígono (15 puntos) e o Velle e o Nogueira (16 puntos), que hoxe perderon os seus respectivos compromisos. Mentres o Córgomo Vilamarín (4º) segue a 14 puntos.
Nos seis grupos da categoría en Galicia, só o Burela (campión de inverno no grupo 3) e Puebla (campión no grupo 5) suman tantas vitorias como o Antela e os mesmos puntos nesta altura da tempada.











