“Sería un orgullo ter un equipo en Preferente e outro en Primeira”

Na malleria do Antela B ao Arrabaldo (9-1) marcaron seis xogadores: Carrasco (3), Álex Teixeira (2), Javi Pérez, Pitu, Ojea e Raúl. Ojea esterouse como goleador, o 15º no equipo nesta Liga. O filial ten o gol moi repartido, como vimos hai uns días, mais agora é Texeira quen lidera o apartado.

Álex Teixeira suma 6 goles -inda que a Federación non lle contabilizou un dos dous que lle marcou ao Arrabadlo-, é o dianteiro do Antela máis efectivo. Álex está centrado no filial, entrou con gañas en 2025, e pide seguir traballando para alcanzar os obxectivos: meter o A en Preferente e o B en Primeira. “Sería un orgullo ter un equipo en Preferente e outro en Primeira”, di.

O menor dos Teixeira ten a clave para alcanzar a meta: “Mellorar, mellorar e mellorar cada semana”.

Declaracións de Álex tras o partido diante do Arrabaldo.

CARRASCO: “Non son de facer moitos goles”

Cristian Carrasco anotou 3 goles diante do Arrabaldo -“non acordaba… eu son de marcar poucos goles”- e consolídase como unha peza clave no medio campo do filial, que marcha terceiro, e ten as prazas de ascenso directo a tiro. Esta semana recibirán ao líder, o Francelos, e Carrasco confía no equipo: “Estamos en boa dinámica, podemos gañarlle a calquera”.

Carrasco, autor dun hat trick no último partido da primeira volta.

Carrasco suma 1.247 minutos en 14 partidos -con Pío, o mediocampista que máis xoga- e alcanza a Carreira (con 5 goles) como segundo mellor anotador do filial.

MARCOS: “Temos recursos”

O Antela B empeza moi ben o 2025, e mantén un rexistro de nove partidos consecutivos sen perder, e xa é o equipo máis goleador da Liga: 45 goles (unha media de 2,6% por partido). Só un equipo nos dez grupos galegos da categoría marcou máis goles: o C.D. Sport Team Estrada, que anotou 47 no grupo 2 de Segunda en Santiago (nese mesmo grupo o Cire de Melide leva tamén 45).

O adestrador, despois de sumar a 11ª vitoria da tempada.

“Mentres o equipo siga san e poidamos adestrar, temos recursos, tanto adiante como atrás para enfrontar o que vén”, asegura Marcos Ruido, o adestrador do filial, preocupado por recuperar a todos os mancados. Sobre todo, arriba, na ofensiva, onde faltan Germain e Belucho e o Antela B anda sempre un pouco máis xusto de efectivos.

A CLASIFICACIÓN

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario