Suspendido o Antela-Loñoá

O Concello de Xinzo de Limia decidiu onte “suspender todas as actividades deportivas nas instalacións deportivas municipais” para este domingo debido a “alerta laranxa por vento e choiva” da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Fíxoo minutos despois de que unha circular da Federación Galega de Fútbol establecese os criterios para a suspensión de partidos nas diferentes partes do territorio como medida de precaución.

O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol emitíu ao fío das 23 horas de onte unha circular na que admitía a suspensión de partidos “a celebrar en la provincia de Ourense” nas instalacións de concellos afectados de peche polo comunicado da Secretaría Xeral para o Deporte (non era o caso de Xinzo de Limia) ou “por bando o notificación del propio ayuntamiento“.

Polo tanto, o Antela-Loñoá, correspondente á 19ª xornada de Liga non se xogará hoxe.

Agora, segundo precisou a FGF, os clubs dispoñen de dous días para fixar a nova data de celebración do partido.

O Antela F.C. lamenta os inconvintes que lles poida ocasionar a suspensión a socias e socias e á afección.

A directiva.

Xinzo de Limia, 26 de xaneiro.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario