Así está a clasificación tras o temporal

O Antela, o Celanova e o Muíños continúan ocupando as tres prazas de ascenso -a primeira, de ascenso directo; a segunda e a terceira, de acceso á promoción-. O Antela e o Celanova viron suspendidos os seus partidos do domingo por causa do temporal, mais seguen arriba con 44 e 36 puntos, respectivamente. O Muíños gañou no Polígono (0-1) cun gol de Miguel Codeso aos 12 minutos. “El Muíños fue un frontón“, resume a crónica de Fabián Clinaz para La Región.

O resultado supón un golpe para o Polígono, que arranca o ano con dúas derrotas e un empate no mes de xaneiro e fica a 14 puntos do Antela, na sexta praza.

Tamén viu suspendido o seu partido na Peroxa o Córgomo, que continúa quinto, agora 3 puntos por baixo do Velle e 5 menos que o Muíños. O Velle puido sumar puntos e goles -todos na segunda metade- pasando por riba do Monterrei (5-0). O Sporting Carballiño alcanza ao Monterrei e ao Polígono despois de golear en Seixalbo (1-4). O Nogueira, que podía ter tirado proveito dos tropezos do Polígono e do Monterrei continúa por baixo deles tras empatar como local (en Loñoá) contra o Maside (2-2).

Tampouco puido xogar o Melias -suspendeuse o seu partido en Allariz. Así que entre o dez primeiros apenas houbo variacións esta xornada.

Despois do inesperado descanso da fin de semana, o Antela prepárase para afrontar entre febreiro e marzo o tramo máis duro da tempada: visita a Nogueira (9º clasificado), partido na Moreira co Melias (10º clasificado hoxe) a fin de semana que arranca o Entroido; visita a Velle (4º), choque na casa co Carballiño (7º) o domingo Corredoiro; visita ao Polígono (6º) o domingo de Entroido; e partido na Moreira co Celanova (2º) o domingo de Piñata.


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario