O Antela xuvenil obtivo un triunfo contundente e moi importante en Lugo, superando á S.D. Residencia (0-4), con tantos de Anxo Calleja, Dameá, Lois e Amine. Os de Forri encadean a súa terceira vitoria nesta fase de ascenso e continúan invictos: xa son 28 partidos oficiais nos últimos 300 días…
A viaxe no bus da ilusión foi longa -estarán de volta en Xinzo ao redor desta medianoite- máis o equipo regresa sendo líder e tomando máis vantaxe de cara ao gran obxectivo da tempada, o ascenso.
Inda queda moita Liga, mais a cousa pinta ben, para o Antela, mellor que para ningún outro. O próximo rival, o Antas -que hoxe goleou ao Purísima- está a cinco puntos, e visitará A Moreira como quinto clasificado, a praza que marca o corte.
📷 Xosé Calleja


































