Este é o calendario de partidos previsto para esta fin de semana:
O SÁBADO
- Antela xuvenil – Antas de Ulla, na Moreira ás 12,00 horas. Cuarta xornada da fase de ascenso a Preferente xuvenil, grupo 3.
- Antela – Melias, na Moreira ás 17,00 horas. Vixésimo primeira xornada da Primeira Futgal, grupo 4.
O DOMINGO
- Caldelao – Antela, en Castro Caldelas, ás 17,00 horas. Vixésimo primeira xornada da Primeira Futgal, grupo ourensán.
O xuvenil tiña solicitado xogar no Fernández Carrera (o sintético) á mesma hora, mais a acumulación de partidos en Xinzo na xornada do sábado -o infantil das Escolas Deportivas recibirá ao Pontevedra ás 11,00 no sintético. E o cadete das Escolas xogará a partir das 12,45 co Vilalbés- fixo que, para manter o horario das 12 da mañá, teñan que celebrar o partido contra o Antas na Moreira.
O primeiro equipo recibirá ao Melias apenas catro horas despois de que remate o Antela xuvenil-Antas de Ulla.











