Bruno, Tiago e Carlos, listos para a seguinte batalla (mañá)

Bruno Pío, Tiago Teixeira e Carlos dan o ton do estado anímico do Antela. Toca ir partido a partido. Concentrarse no inmediato. Mañá, o Melias. “Un equipo duro”, lembra Tiago, autor dun gol na primeira volta. “Preocúpame que o estado do campo poida favorecer o xogo directo deles”, advirte Bruno Pío. Mentres, Carlos subliña a melloría do Antela despois dun xaneiro difícil. “Estou xa ao nivel do resto”, afirma Carlos. “Estou listo para o que veña”, di Tiago. “Estou feliz acá e quero ascender co Antela”, remata Bruno.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario