Despois do Sábado de Petardazo -explendido en resultados, malia o sufrimento-, o filial do Antela viaxa a Castro Caldelas como favorito nun partido de moita esixencia pola superficie (campo de terra), un rival moi esixido polos tropezos das últimas semanas, que o meteron en problemas tras un bo final da primeira volta
Catro dos titulares do filial no último partido non poderán xogar. E o Caldelao no perde no seu campo, O Teso, desde a visita do Cented B a principios de novembro.
Coas baixas de Carreira e Vences, por tarxetas; ademais de Raúl, Manu e Belucho, o Antela B terá que recurrir a Pitu e Álex Teixeira, que xogaron este sábado co primeiro equipo, e tamén a Felipe, convocado, inda que non xogou. A cuarta novidade e Fabián, o xuvenil que tamén xogou este sábado na súa categoría. Germain e David Lamas volven entrar na convocatoria.
O Antela B busca a súa 14ª vitoria da Liga para manterse no grupo de cabeza en posto de promoción, despois de que o triunfo onte do Toén na Rúa meta un máis na pelexa. Na primeira volta, os de Marcos Ruido gañaron ben tras remontar un gol inicial do Caldelao (3-1).
Convocatoria: Cristian, Javi, Carrasco, Quique, Xurxo, Germain, David Lamas, Ojea, Miguel, Felipe, Costinha, Borja Rubén, Pío, Pitu, Álex Teixeira e Fabián.











