“É o día, espero que a afección nos apoie a morte en Velle”

“Estou satisfeito polo que vin. Sometemos ao rival. O xogo foi realmente bo. Fomos moi superiores”, así de rotundo foi Bruno Gómez na súa valoración da vitoria ante o Melias (1-0), a pé de campo, rematado o partido.

Despois fixo autocrítica: “Fallamos demasiadas ocasións para o equipo que somos, de aí o sufrimento nos últimos minutos. Temos que mellorar na finalización”.

O adestrador explicou que no plan de partido estaba previsto abrir moito a banda dereita con Anxo e, na esquerda, que Óliver empezara por fóra e irse metendo cara o interior e despexar o carril para Tiago. “Saíu ben”, subliñou Gómez, antes de sinalar o papel de Pitu, no seu debut como titular, e Carlos: “Déronnos moito dinamismo en ataque”.

“O mes de xaneiro fíxose moi longo sen xogar na Moreira. En Allariz non estivemos ben; en Maside estivemos francamente mal; e despois veu o partido aprazado”, admite o técnico, e matiza que “estabamos mellor das sensacións que deixamos no campo”. “Por iso necesitabamos volver á Moreira”, engade, “que a xente nos empuxara desde a grada e ter un bo partido. Foino, mágoa do resultado que foi curto”.

O VELLE, NOVE MESES DESPOIS

“Sinto ese run-rún, eu non estaba aquí, pero sinto que hai gañas de nos resarcir do que pasou o ano pasado”, di Bruno Gómez na semana previo ao partido co Velle no Monte da Aira. “Espero que a xente da Limia se desprace para nos empuxar tamén en Velle. É o día, espero que a afección nos apoie a morte en Velle”.

ANXO E BOÁN, NO POSTPARTIDO: “BOAS SENSACIÓNS”

ACTUALIDADE DO XUVENIL

Izán sofre unha lesión de fibras e causará baixa no xuvenil durante unhas semanas. O xogador retirouse no minuto 64 do partido do sábado dos xuvenís contra o Antas, mais quixo permanecer no campo para ver o final do choque, nese momento, con empate a dous. Despois, nunha revisión nunha clínica en Ourense determinaron o alcance da lesión. Juan Forri non poderá contar con el nos dous próximos choques: Barbadás e Sarriana, e despois haberá unha semana de descanso coincidindo co Entroido, antes de regresar á competición o sábado 8 de marzo coa viaxe á Estrada.


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario