Aconteceu o 21 de marzo de 2004, na 28ª xornada da Liga de Preferente Sur. Ambos equipos loitaban pola permanencia (que acabarían alcanzando). Ao cuarto de hora, o Velle mandaba 2-0, pero Piñeiro recortou de penalti, e ao pouco de empezar a segunda metade Tito Currás empataba o partido. Sierra anotou o gol da vitoria no minuto 77 tras unha xogada de Fabián, e dous minutos despois foi expulsado. “La apatía local permite la remontada del Antela”, titulou o cronista de La Voz de Galicia. O Antela leva 21 anos sen gañar en casa do Velle. A última vez que o conseguiu, o campo era de terra.

Pasaron os anos, 22 tempadas, e o Velle e o Antela repetiron 11 veces o choque. En 2011 o Monte da Aira mudou a superficie a herba artificial. Antes, nos catro seguintes partidos sobre area, o resultado foi sempre de empate: 3-3 na campaña 04/05 na que ambos acabaron por descender; e 1-1 nos seguintes encontros, sempre en outubro, de 2005, 2006 e 2008.
No cambio de década, os dous clubs tocaron o fondo do pozo na Segunda autonómica, inda que non coincidiron. Para volver enfrontarse no Monte da Aira en xaneiro de 2014: 3-0 para o Velle. Acabáronse os empates. O último punto que os limianos sumaron en Velle foi aquel de 2008; é dicir, hai máis de dezaseis anos…
Na segunda década do século, o Antela apañou cinco derrotas, recibindo 14 goles e anotando apenas 3. En maio de 2015 perdeu 2-1, en abril do ano seguinte, de novo 3-0 (con Martín Caneiro xa no once local), en febreiro do 2017 (con Joni no equipo titular dos limianos) caeu por 5-0, e na primeira volta xa recibira unha malleira na Moreira, 1-5. A comezos da Liga 17/18, en setembro, o Antela perdeu por 2-1. O Velle saíu campión aquela tempada e o Antela foi segundo. Así que ambos ascenderon e toparíanse á campaña seguinte en Preferente.
Mais a nova categoría non mudou a tendencia… o Antela caeu máis unha vez, desta en febreiro e tras remontar os locais un marcador adverso para se impoñer por 2-1. No partido anterior, na primeira volta na Moreira, co Antela andaba estreándose Antón, que non xogou no Monte da Aira. O Velle alcanzou a permanencia, pero o Antela descendeu.
Así que separaron os camiños até atoparse a pasada Liga en Preferente. Despois dun rotundo 4-0 na Moreira, o partido da segunda volta, na penúltima xornada, era clave para a salvación do Antela mentres o Velle estaba xa descendido. Foi un partido tolo: 3-0 ao descanso, o Antela que recorta en dez minutos até o 3-2 e lanzouse a un ataque sen cuartel até o final cando o Velle rematou co 4-2.
Até esa data, o 12 de maio de 2024, o Monte da Aira parecía un campo maldito para o Antela. Desde ese día é unha ferida dolorosa causada por unha batalla decisiva que se perdeu. Así que este domingo, cando Pedro, Joni e os Teixeira aparezan no escenario (Breixo, por sanción, e Peque, lesionado, os outros dous que xogaron aquel partido hai nove meses, non se vestirán de curto) luciran circunspectos. É o partido máis serio do ano.
A última vez que o Antela gañou na Liga en casa do Velle aliñou a Emilio, David Hermida, Willy, Fabián, Tito Currás, Neil, Sierra, Piñeiro, Marcos, Pichi e Vila. Tamén xogaron Martiñá e Esteban. Na xornada seguinte o Antela empatou co Gran Peña na Moreira. E despois sumou unha vitoria na casa contra o Maside e empatou sen goles co Nogueira. Na antepenúltima xornada amarrou outro empate na casa (o 15º) pechar a Liga cun 3-2 ante o Choco que lle deu a permanencia en Preferente. Daquelas, o Monte da Aira era para os limianos un campo de terra calquera.
📷 Pedro, no partido de maio pasado no Monte da Aira. @LaRegion