O xuvenil pon o liderado en xogo na Estrada

O xuvenil pon o liderado en xogo na EstradaO Antela xuvenil porá mañá en xogo o liderado da fase de ascenso a Preferente na Estrada, no partido que disputa co Escolas da Estrada a partir das 18,30 horas, diante dun rival co que marcha empatado a puntos (15).

Juan Forri non conta esta vez con Jorginho, que seguirá co primeiro equipo, nin tampouco con Izan, lesionado. Marcos Cerredelo, que vén dunha lesión, e Dameá, con sobrecarga, son dúbida. O adestrador avanza que Pablo Novoa ou Erik poderían acompañar a Fabián e Anxo Calleja na punta do ataque limiano.

“En calquera caso, non variaremos o plan habitual. Temos un equipo forte fisicamente, mais tamén o campo será moi esixente polas súas dimensións. O primeiro será intentar manter a portería a cero”, sinala Forri.

Como local, o Estrada superou ao Barbadás, ao Residencia e ao Verín. Ademais, os pontevedreses levan anotados 78 goles esta tempada en Liga, 14 nos seis partidos anteriores desta segunda fase.

No resto da xornada, os partidos son os seguintes: Verín-Purísimia, Sarriana-Antas e Barbadás-Residencia.

A expedición do Antela xuvenil partirá ás 14,40 horas deste sábado da estación de autobuses de Xinzo.


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario