Test por parellas: Xabi & Peque

“Xa estou practicamente recuperado, ao principio paseino mal, pero despois dun mes parado teño que volver entrar na dinámica do equipo”, admite Xabi, operado de apendicite a finais de xaneiro, e quen até este mesmo domingo estará pendente da chamada de Bruno Gómez. O de Peque, Adrián Campero, vai para máis tempo. “Vou ben, mais pouco a pouco. A ver se nun mes xa podo xogar”, di o lateral, que xa lucíu como capitán esta Liga. Neste test por parellas, Xabi Lamas e Peque apuntan ao partido contra o Sporting Celanova (mañá, 12,00 horas) como chave para o ascenso.

Define a Peque | Xabi como xogador.

Xabi: Como xogador e unha persoa moi loitadora, sabes que o extremo vai ter que suar sangue para pasalo, e despois con balón adoita tomar boas decisións, sen dubida é un xogador moi seguro..

Peque: Xabi é a calma que todo equipo necesita, se non sabes a quen pasarlla, pásaslla a el e xa sabe ben que facer.

Define a Peque | Xabi como compañeiro.

X: Como compañeiro xa o coñecía desde fai moitos anos, xa que xogou sempre co meu irmán no Antela, aínda que non coincidín con el até que vin aquí no terceiro ano xuvenil, e sen dubida e un crack tanto dentro como fóra do campo.

P: Coñecémonos desde pequenos porque eu sempre xoguei no Antela co seu irmán David. Son moi boa xente.

Como estás vendo ao Antela desde que comezou o ano? Cambiou algo?

X: Coas mesmas ganas que cando empezou a tempada. As segundas voltas soen ser máis complicadas pois todos apertan máis. Se cambiou algo a comezos deste ano, foron os demais equipos da categoría..

P: Ben, estamos ben. Agora, nesta pequena focha de resultados que acabará pronto. Hai que seguir pelexando e non se relaxar até o final.

Onde ves a clave para amarrar o ascenso canto antes?

X: Principalmente no partido contra o Celanova, aínda que a verdadeira chave está en seguir sumando puntos para non preocuparnos polos resultados de ninguén.

P: A chave é perder os menos puntos posíbeis… e ben, e gañarlle ao Celanova, está claro.

Respecto ás dúas últimas tempadas, que debe cambiar o Antela, e que che gustaría mellorar no individual se se alcanza a Preferente?

X: Haberá que mellorar o arranque da Liga. O ano pasado penalizounos demasiado. Saír de aí abaixo sempre é moi complicado. Con respecto ao individual, gustaríame ter mais presenza no xogo do equipo e, por suposto, que me respecten as lesións.

P: Creo que o Antela está facendo as cousas ben. E, se seguimos así, estou certo de que estaremos moitos anos na Preferente.

En que xogador do A te fixas máis e por que?

R: Quizás en Peque Tiago ou Cole, xa que son os meus principais rivais a hora de loitar polo posto.

F: Xente como Jorginho, Óliver, Caneiro ou Boán son xogadores que dende dentro ou desde fóra gusta ver.

Cal é o teu xogador favorito hoxe no Antela?

X: Quédome con Breixo: a calma que ten, tanto para defender como para sacar a pelota, paréceme algo digno de admirar.

P: Eu teño debilidade por Antón. Ten as calidades todas para ser o extremo perfecto.

Cal é o teu xogador favorito do fútbol mundial?

X: Aínda que se retirou fai pouco, sigo quedándome con Toni Kroos.

P: Pedri (Barça), hoxe por hoxe, paréceme un dos xogadores máis ‘diferenciais’ do futbol mundial.

Onde ves a clave para amarrar o ascenso canto antes?

X: Eu penso que debemos de gañarlle esta finde ao Muíños para seguir sumando puntos e se temos algún contratempo que non sexa notable.

P: Pechar antes os partidos. Sufrimos cando nos meten un gol. Pero é o Antela e a remontada sempre asoma por un lado ou outro.

Se non lle adicases tanto tempo ao fútbol, a que actividade che gustaría dedicarllo?

X: A outro deporte, iso seguro. E se tivera que elixir un, probabelmente, o pádel.

P: O pádel, por exemplo.

Cal é o partido de mellor recordo na túa carreira, e cal foi o peor?

X: Teño bos recordos de moitos partidos. Se tivera que destacar un, sería o Vilariño-Antela no Medo hai tres anos. Co peor non teño dúbidas: foi contra o Umia, hai dous anos cando me lesionei… e sigo con algunha molestia a día de hoxe.

P: O peor sen dúbida algunha foi o ano pasado contra o Choco… pasas de telo todo a non ter nada, foi unha sensación indescritíbel. E o de mellor recordo pode que sexa o do ascenso a Preferente na Moreira no 2022.

Peque e Xabi, nun adestramento hai dúas semanas na Moreira.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario