O xuvenil estrea derbi nos oitavos de Copa contra as Escolas

O sorteo dos oitavos de final da Copa Deputación Xuvenil celebrado hoxe determinou un enfrontamento entre o Antela e o Escolas Deportivas do Concello de Xinzo, a partido único e en horario inda por determinar, a fin de semana do 22 e 23 de marzo. Un derbi inédito.

O xuvenil das Escolas, creado esta tempada, milita no Grupo A2 de Segunda Futgal, a categoría inferior á que disputa o Antela, onde marcha segundo tras sete xornadas.

Na primeira ronda da Copa, eliminou ao Calasancio B (1-1, e 7-6 nos penaltis). Desde aquel partido, na Liga leva sumadas tres vitorias e unha derrota. Na mesma ronda, o Antela superou ao Ourense CF “C”, por 0-7 en Oira (na imaxe de arriba, o once daquela mañá de finais de xaneiro).

A ronda de oitavos complétase cos enfrontamentos: Raio21-Velle, Chantada-Ourense CF “B”, Cented “B”-Purísima, EDC Barbadás-Sp.Celanova, Ribadavia At.-CF. Monforte, Allariz-A Peroxa e Polígono-Arenteiro.


Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario