Marcos Ruído renuncia a seguir á fronte do filial

Comunicado oficial do club:

O adestrador do Antela B, Marcos Ruído, comunicou onte ao club a súa renuncia ao cargo. Ruído decide abandonar o club por motivos persoais ante a imposibilidade de compatibilizar as súas obrigas laborais co seu labor na Moreira. Ruído despediuse do cadro de xogadores no vestiario minutos antes de comezar a sesión preparatoria deste martes, que xa non dirixiu.

O técnico chegou á Moreira a principios de agosto. Despídese co equipo colocado na 5ª posición da clasificación do Grupo ourensán de Segunda Futgal, a 1 punto dos postos de promoción de ascenso nos que se mantivo desde a 10ª xornada até a derrota o domingo co Raio21. Con el á fronte, o filial sumou 15 vitorias, 4 empates e 6 derrotas. Neste período debutaron ademais 6 xogadores do equipo xuvenil.

O Antela agradece a Marcos Ruído a súa dedicación e esforzo nestes oito meses dirixindo ao Antela B, así como a súa contribución ao salto de calidade que experimentou o equipo, que segue en disposición de loitar polo ascenso de categoría a nove xornadas para o remate da Liga. Desexámoslle a mellor das sortes no persoal e no deportivo.

Xinzo de Limia, 12 de marzo de 2025.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario