Os oitavos de final da Copa Deputación xuvenil enfrontan hoxe no Fernández Carrera (10,00 horas) ao Antela de Juan Forri co EDC Xinzo, que actúa como local. O Antela, nunha categoría superior na Liga e ocupado na loita polo ascenso, é favorito. Mais Forri intentou evitar os excesos de confianza durante a semana e seleccionou a algúns dos menos habituais na procura dunha motivación extra nos seus futbolistas.
Izan e Amine seguen lesionados. Aarón tamén descansará por molestias. Penabad e o meta Iago foron convocados co primeiro equipo e Pablo Carbajales, co filial.
Así que Forri elixiu a Richi, Carnero, Anxo, Mellado, Lucas Martínez, Lulo, David, Erik, Fiz, Dameá, Dennis, Fabián, Pablo Novoa, Cerredelo, Lois e Cerdeiro. Penabad e Iago están tamén na lista. O Antela, con maioría de xogadores de primeiro e segundo ano, defende en Xinzo a súa condición de campión, a unha semana dun choque clave na carreira pola ascenso a Preferente na Liga.
