O filial, sen marxe de erro diante do Taboadela

O Antela B recibe ao Taboadela hoxe (17,00 horas) na Moreira, na estrea do novo cadro técnico na casa despois do empate en Cenlle. O Antela B chega no momento máis delicado desde novembro: marcha sexto na clasificación e a sete partidos para o remate da Liga xa non depende de si propio para alcanzar unha praza de ascenso ou promoción.

Felipe, lesionado esta semana, é baixa. E Manu tamén segue mancado. Carreira estará a disposición de Iván Gómez, que volverá a contar con Raúl e Xurxo -quen tamén reforzará o A o domingo- e despois de dúas semanas de traballo co equipo vai perfilando o seu once para se medir a un rival que está en prazas de descenso.

O choque xogarase na Moreira pola cantidade de encontros programados para este sábado no sintético. En principio, o escenario beneficia ao Antela B, máis habituado as dimensións do campo, que xa non se utilizou para a sesión de onte tratando de conservar o seu bo estado.

Ademais, o filial estará pendente do que fagan os seus rivais directos: este mesmo sábado o Raio21 (4º) visita no Medo ao Vilariño, mentres o Toén (5º) recibe ao líder, o Coles. Mañá domingo, o Francelos (2º) e o Purísima (3º) xogan como locais diante de dous rivais duros, o Cortegada e o Rocas, respectivamente.

Convocatoria:


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario