BRUNO PÍO (setembro), XABI LAMAS (outubro), JORGINHO (novembro), ÁLEX BOÁN (decembro), ANTÓN (xaneiro-febreiro) e CARLOS (marzo) recibiron o debuxo do escultor limiano Xosé Lois Carreira que os distingue como Xogador do Mes, en cada un dos períodos nos que a afección tivo ocasión de sinalar ao seu favorito.
O propio Xosé Lois Carreira, xunto co exconcelleiro de Deportes, Rafa Penabad, e os directivos Pablo Losada (presidente) e Juan Gómez (vicepresidente) foron os encargados de entregar os premios. A actual concelleira de Deportes, Cristina Campero, desculpou no último momento a súa presencia no acto.
GALERÍA






