Toma de contacto “esperanzadora” entre o club e o goberno local

O presidente do Antela F.C., Pablo Losada, foi recibido este xoves por dous representantes do goberno municipal de Xinzo de Limia. Acompañado por varios directivos, entrevistáronse coa concelleira de Deportes, Cristina Campero, e co tenente de alcalde, Antonio Fernández, e un funcionario durante máis dunha hora na Casa do Concello.

A reunión serviu para achegar posturas a respecto da axuda que a administración local prestará ao club a próxima tempada e “foi unha primeira toma de contacto que nos deixa esperanzados porque o goberno mostrou boa disposición”, apuntou Pablo Losada.

Nos próximos días o club volverá a unha xuntanza no Concello para tratar este e outros asuntos de cara a campaña que vén.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario