O filial xa non mira atrás

AS OPCIÓNS DO ANTELA B: PROMOCIÓN
O Antela B (cuarto) necesita facer os mesmos puntos que faga o Toén (quinto) para ficar coa praza de promoción. O Toén recibe a semana próxima ao Francelos, que inda non ten asegurado nin o título nin o ascenso directo. O Antela B xogará na Moreira co Raio Alaricano, que está fóra de perigo.

Se o Toén perde e o Antela gaña, a praza de promoción será para o filial. Se o Toén gaña ou empata, o Antela precisará facer o mesmo resultado para seguir dependendo de si propio na última xornada, na que os limianos obterían o éxito superando ao Arrabaldo en Santa Cruz. O Arrabaldo perdeu os seus últimos 22 partidos.

AS OPCIÓNS DO ANTELA B: ASCENSO DIRECTO
O Antela B xa non pode alcanzar ao Francelos e tampouco poderá alcanzar ao Purísima se este suma un punto a próxima semana na visita do Arrabaldo.

O Purísima asegurará o ascenso se logra os 3 puntos diante do Arrabaldo. E o Francelos, sumando 1 punto en Toén. Ambos disputaranse o título na xornada final salvo hecatombe do Purísima o próximo domingo.

Ademáis do Purísima, o Antela B tería que superar ao Coles.

AS OPCIÓNS DO ANTELA B: ADIANTAR AO COLES
Para coller a terceira praza -ou o ascenso directo se pasa ao Purísima- o Antela B depende de que o Coles perda un dous últimos partidos ante o Vilariño (na casa) ou o Paderne (fóra).

Clasificación Segunda Ourense

Segunda PONTEVEDRA
Segunda VIGO
Previa do Raio Alaricano-Antela B, en decembro.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario