
Jonathan Gómez Quintas, Joni, un dos capitáns do Antela, adoita a rematar a moi bo nivel a tempada. Despois de anotar tres goles nos últimos cinco partidos de Liga, nos que foi titular, a afección premiouno coa distinción ao XOGADOR DO MES de abril.
O agasallo -a lámina co debuxo de Xosé Lois Carreira- recibirao o próximo 11 de maio, antes do último partido de Liga co Allariz na Moreira. Ese día tamén levantará a copa de campión co Antela, o seu segundo título nestes últimos catro anos.