Os 6 novos equipos de Preferente

Publicación da RFGF.

Rematada a liga regular na 1ª Futgal, seis son os equipos que acadaron o ascenso directo a Preferente logo de confirmarse como os mellores de cada grupo.

Só o Grupo 1 chegaba co ascenso pendente á última xornada e foi un final de infarto. O Victoria partía con vantaxe pero perdeu no campo do Olímpico e iso permitiu ao Cultural Maniños facerse co primeiro posto e co ascenso logro de gañar no campo do Oza Juvenil.

CULTURAL MANIÑOS 21 vitorias 4 empates 9 derrotas 61 goles a favor 41 en contra.

Celebración do Maniños, onte na Grela, tras conseguir o título e o ascenso. | @Maniños

DUMBRÍA 25 vitorias 4 empates 4 derrotas 93 goles a favor 36 en contra.
*suspendido o último partido: Dumbría-Vista Alegre.

O Dumbría, tras recibir a Copa de campión. | @Futgal.

BURELA 26 vitorias 3 empates 5 derrotas 82 goles a favor 27 en contra.

O Burela, campión, antes do seu último partido de Liga. | @Futgal.

ANTELA 25 vitorias 7 empates 2 derrotas 83 goles a favor 22 en contra.

O Antela, este sábado, na Moreira. | @Futgal.

PUEBLA 27 vitorias 3 empates 4 derrotas 85 goles a favor 31 en contra.

O Puebla, no seu campo da Alta na Pobra do Caramiñal. | @Futgal.

TYDE 23 vitorias 7 empates 4 derrotas 73 goles a favor 28 en contra.

O Tyde, coa Copa de campión, este sábado. | @Futgal.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario