Álex Teixeira, nova baixa no filial

Álex Teixeira, o máximo goleador do Antela B, causa baixa para o primeiro choque da eliminatoria polo ascenso fronte ao Monteporreiro. O dianteiro mancouse nun nocello e onte foi descartado por Iván Gómez, que xa perdera a Jorginho, o nove, por sanción. E tampouco poderá dispor de Germain, lesionado desde hai varias semanas.

Así as cousas, o adestrador chamou ao dianteiro dos xuvenís, Codes, que está na recámara, mentres ensaia con Carlos, David Lamas, Belucho e Adrián Carreira unha nova liña de ataque. Eses son os catro nomes para conformar o ataque no partido de ida (domingo ás 17,00 horas en Pontevedra). Hoxe quedará definida a convocatoria, na que Carlos, Lamas e Belucho parecen fixos, mentres Adrián Carreira fai méritos para regresar ao equipo despois dun mes.

O Antela viaxará até o barrio pontevedrés de Monteporreiro o domingo acompañado por afeccionados no bus do equipo. O club reservou 25 prazas das que máis da metade estaban cubertas esta mañá. As reservas poden facerse até a noite deste venres no teléfono: 647 18 24 34.

Imaxe da noticia: @LaVozdeGalicia.


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario