Cole renova para se asentar na Preferente

Adrián Lorenzo, ‘Cole’, continuará no Antela unha tempada máis. Será a cuarta, a terceira en Preferente. Cole, de 22 anos, disputou na última Liga 32 partidos, 25 deles como titular. Xogou como lateral e interior, e acabou con praza na defensa.

É un produto da canteira, mais non pasou polos xuvenís. Cole estivo catro anos -entre os 16 e os 19- no Pabellón de Ourense. Regresou a Xinzo cando o Anxo Pena despois de que o Antela ascendese en 2022. Empezou no filail e con Sabucedo non xogou até a xornada 5. Despois, na segunda volta, participou en dezaseis partidos e consolidouse no primeiro equipo. A tempada seguinte, a 23/24, tivo un traxectoria similar: empezou contando menos e acabou a Liga participando en todos os partidos da segunda volta.

No seu palmarés xa figura o título de Liga deste ano, o ascenso e 56 partidos coa camiseta do Antela en Preferente. Tiago Teixeira suma 55 partidos en Preferente. Xabi Lamas ten 40, e Peque, 29 partidos, mais estes xa contan con dous títulos de Primeira e dous ascensos á sexta categoría.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario