Anxo Pena e Álex Boán, renovados para Preferente

O defensa central Álex Boán (30 anos), 32 partidos en Liga co Antela esta tempada e con experiencia de dúas tempadas en Preferente como xogador do Nogueira, e o dianteiro Anxo Pena (22 anos), 23 partidos este ano e que debutou en Preferente na Moreira hai dúas tempadas, xogando tamén para o filial, continuarán no primeiro equipo do Antela a próxima campaña despois de chegar a un acordo co club.

Deste xeito, o Antela xa renovou a 7 futbolistas (Bruno Pío, Lois, Boán, Pedro, Cole, Jorge e Anxo) que fixeron parte da base do equipo que logrou o ascenso o pasado mes de abril. Polo momento, o club garantiu a continuidade dun terzo do cadro de xogadores con 4 futbolistas limianos e a 3 de fóra, mentres causaron baixa Joni e Breixo. Fican, polo tanto, outros 13 homes, entre eles os limianos Andrés, Peque, Tiago Teixeira, Xabi Lamas, Antón, Carlos e Raúl Dinís cos que o Antela deberá aclarar o seu futuro.


Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario