O terceiro regreso de Charli

Carlos López, Charli (Xinzo, 1999), regresa ao Antela para vivir a súa cuarta etapa no club. Procede do Cented, e antes pasou polo Arnoia, equipo polo que fichou tras abandonar A Moreira en 2023 ao completar a primeira tempada de Sabucedo na Preferente.

Charli non se baixa do carro da Preferente desde que regresara ao Antela na 2022-23 procedente do Ourense C.F. despois dun ano sen xogar por unha lesión.

Charli formouse na canteira limiana. Debutou no primeiro equipo estando no seu segundo ano xuvenil na campaña 2015-16. A tempada seguinte consolidouse no A en Primeira. E despois, con 19 anos, fichou pola UDO. Apenas tivo minutos en Terceira e volveu ao Antela con 20 anos na 2018-19 en Preferente. O equipo descendeu, mais Carlos fixo unha campaña notábel: 34 partidos, case 3.000 minutos e 11 goles.

Aqueles números devolvérono á UDO. Xogou dous anos no Couto, en Terceira, antes de fichar polo Ourense C.F. con 23 anos. Lesionouse e perdeuse aquel ascenso dos de Oira a Segunda REF. Agora regresa a casa despois de ter xogado 24 partidos e anotado 4 goles con Cented.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario