O Antela e o Concello organizan un torneo de fútbol sala

O pavillón de deportes de Xinzo de Limia acollerá os vindeiros 25, 26 e 27 de xullo o TORNEO DE FÚTBOL SALA XINZO DE LIMIA, que organiza o Antela Fútbol Club en colaboración coa Concellería de Deportes de Xinzo de Limia e o Concello de Xinzo.

O torneo terá dúas categorías: sub’16 e sénior, cun total de 2.050 euros premios a repartir na competición sénior, estimando unha participación mínima de dezaseis equipos.

As inscricións están abertas até o día 20 de xullo, e poden realizarse chamando ao teléfono 647 18 24 34. A cota para se inscribir é de 150€ para os equipos sénior e 50€ os sub’16. Ademais será preciso remitir unha lista cos nomes dos xogadores do equipo.

A competición, que se estrea este verán, é froito da colaboración do Antela F.C. co departamento de Deportes do Concello de Xinzo, que dirixe Cristina Campero, e que avanza tamén na disciplina do fútbol-11 de cara a contar cun torneo estival de xuvenís.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario