Óptica Prieto, gañador do Torneo de Fútbol Sala

O equipo Óptica Prieto venceu ao Amigos do Boia na quenda de penaltis despois de que a final rematou con empate e 1 gol na final do Torneo de Fútbol Sala de Xinzo. Os campións derrotaron nas semifinais ao Luáns, tamén nos penaltis.

Na final de consolación, o Luáns e o Rotonda igualaron (2-2) o partido, e nos penaltis, cun marcador de 8-8, decidiron repartir o premio.

Na final local, o equipo de Xuvenís de primeiro ano derrotaron (7-3) ao Is Woman.

A competición desenvolveuse desde o venres no Pavillón de Deportes de Xinzo, organizada polo Antela F.C. e coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, e incluíu un torneo sub’16.

Os campións, coa concelleira e o presidente do Antela F.C.
Os suncampións.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario