Calendario de Liga do Antela, do filial e do xuvenil

Nestas ligazóns á páxina web da RFGF podes consultar o calendario de Liga 2025/26 para os tres equipos do Antela.

O Antela de Bruno Gómez empezará a Liga de Preferente en Coia (Vigo) diante do Alertanavia, outro dos ascendidos. Na última visita, hai dous anos, os limianos sumaron un empate. A Liga comeza o 7 de setembro. Nas dúas seguintes xornadas o Antela recibirá na Moreira ao Atios (14/09) e ao Beluso (21/09), e pechara o mes co derbi en Celanova diante do Sporting (28/09).

⚽ Preferente. Grupo II
https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_VisCalendario_Vis?cod_primaria=1000120&codtemporada=21&codcompeticion=24123227&codgrupo=24123229&CodJornada=1

Durísimo arranque para o Antela B de Iván Gómez no Grupo 4 da Primeira Futgal. Debutará na casa diante do Nogueira e nas seis primeiras xornadas medirase a catro favoritos para o ascenso: ademais do Nogueira, o Córgomo, o Verín e o Muíños.

⚽ Primeira Futgal. Grupo IV
https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_VisCalendario_Vis?cod_primaria=1000120&codtemporada=21&codcompeticion=24123254&codgrupo=24123258&CodJornada=1

O Antela xuvenil, que participa no Grupo III da Liga xuvenil de Preferente, iniciará a competición co enfrontamento co Calasancio, equipo ao que visitará en Monforte o sábado 13 de setembro.

⚽ Preferente xuvenil. Grupo III
https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_VisCalendario_Vis?cod_primaria=1000120&codtemporada=21&codcompeticion=24123261&codgrupo=24832551&CodJornada=1


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario