Nace a Lethes Xuvenil Cup, o torneo que aspira a se converter nun “clásico” do verán no fútbol provincial da categoría. O evento celebrarase nos campos da Moreira e do Fernández Carrera a última fin de semana do mes (días 30 e 31), após o Esquecemento, como a última proba antes do comezo da Liga nas diferentes categorías e contará nesta primeira edición coa presenza de varias das mellores canteiras do fútbol ourensán: Pabellón, Barbadás e Velle, entre outras.
Coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Xinzo, o Antela Fútbol Club organiza a competición con de dez equipos ademais dos xuvenís do Antela e das Escolas Deportivas.
O evento servirá para lembrar ao médico e político Ramón De la Fuente (1929-2001), que foi o presidente da refundación do Antela F.C. e se mantivo á fronte do club durante quince anos, seguindo despois na directiva como principal apoio de Juan Gómez, actual vicepresidente, a finais dos oitenta. De la Fuente recibiu unha homenaxe do club en xuño de 1999 cun partido de veteranos entre o Antela e o Valladolid, de onde era orixinario.
A competición, nunha primeira fase, dividirá aos participantes en catro grupos de tres equipos, coa seguinte distribución:
Grupo A: Barbadás, Verín, EDC Xinzo.
Grupo B: Antela, Sporting Celanova, CDC Pereiro de Aguiar.
Grupo C: Cented Academy, La Purísima, Velle.
Grupo D: Pabellón, Raio 21, Maceda.
Os primeiros catro clasificados de cada un dos grupos loitarán pola Copa nos cruces de semifinais: Gañador A-Gañador B e Gañador C-Gañador D. O mesmo esquema repetirase cos segundos (Copa de prata) e cos terceiros (Copa de bronce). Celebrándose as finais e paridos de consolación o domingo pola mañá.
O torneo arrancará ás 10 da mañá do sábado día 30 cos partidos Barbadás-Verín (na Moreira) e Antela-Celanova (no Fernández Carrera). O equipo das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo debutará ás 12 contra o Barbadás.
Os partidos terán unha duración de 50 minutos, divididos en dúas partes de 25 minutos cun descanso de 5 minutos. Cada equipo poderá utilizar até 22 xogadores por partido, e os cambios faranse nun máximo de 3 quendas. Todos os equipos disputarán cinco partidos. A final está prevista para as 12 da mañá do domingo no campo da Moreira.
Aquí podes descargar as normas de competición e o cartel do evento:
