O Antela xuvenil xogará a final diante do Pabellón

Respondeu o público e responderon as afeccións dos doce equipos convidados na primeira xornada da Lethes Xuvenil Cup. O nivel da arbitraxe, con maioría de mulleres, foi excelente e os equipos apuraron a súa preparación nun torneo áxil e que cumpriu escrupulosamente os horarios entre os dous campos, o da Moreira e o Fernández Carrera.

Foi unha xornada con 18 partidos durante dez horas de fútbol a dobre banda, con xogos de 40 minutos que definiu as finais e finais de consolación a disputar durante a mañá do domingo a partir das dez.

O Antela de Juan Forri, coa presentación na Moreira de futbolistas que empezan a súa etapa xuvenil, gañou os seus tres partidos (2-0 ao Celanova; 3-0 ao Pereiro de Aguiar; e 1-0 ao Barbadás na semifinal) e disputará a final da copa de ouro diante do Pabellón, que superou ao Velle na semifinal aos penaltis (6-5).

A final pola copa de ouro Antela-Pabellón pechará este domingo (12,00 horas) o torneo. Antes xogaranse o resto de partidos de consolación e finais. Polo 3º e 4º posto pelexarán Barbadás e Velle (11,00). Ambos choques na Moreira, onde a xornada empezará coa final pola copa de prata, 5º e 6º postos, entre as Escolas Deportivas de Xinzo e o Raio 21 ás dez da mañá.

O presidente do Antela e a concelleira de Deportes, Cristina Campero, entregaron unha placa e un ramo de flores á familia do expresidente do club, Ramón De la Fuente, a cuxa memoria se lle adicou a Lethes Cup.

Na Moreira

10,00 horas: EDC Xinzo – Raio 21 (Copa de Prata, 5º e 6º)

11,00 horas: Barbadás – Velle (3º e 4º posto)

12,00 horas: Antela – Pabellón (Copa de Ouro)

No Fernández Carrera

10,00 horas: Pereiro de Aguiar – Maceda (11º e 12º)

11,00 horas: Sp. Celanova – La Purísima (9º e 10º posto)

12,00 horas: Verín – Cented (Copa de Bronce, 7º e 8º posto).

GALERÍA

Os marcadores do sábado.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario